A Casa de Visita de Riotorto

Publicado en: Ferreiros | 0

casa-visita

A Casa de Visita ten longa tradición en Riotorto. Con máis de 50 anos de historia, é un lugar mítico do concello.

Naceu como casa de comidas e como pensión. De feito fai anos era o local por excelencia no que se celebraban as ceremonias do entorno, e tamén funcionaba como tenda de alimentación e como estanco.

O seu traballo na restauración mantívose ata principios dos anos 90. A partires de aí funcionou só como tenda – famosos eran a súa variedade de queixos ou o doce de marmelo – e como estanco.

Hoxe mantén só a parte de venta de tabacos e prensa, pero aínda conserva ese aire de tenda antiga e con historia.

Por tantos recordos como trae ou por ser un dos locais máis típicos da zona, merece a pena aínda hoxe pasarse por alí.

Dejar un comentario