A carne de porco é toda unha cultura en Galicia e polo tanto a dieta primordial de Riotorto tamén se basea nela, especialmente nos chourizos e na zorza (carne picada e adubada coa que se poden facer embutidos ou cociñar directamente).

Precisamente en Riotorto está localizada unha das principais empresas cárnicas da provincia de Lugo: O Mazo. O Mazo, ou Cárnicos Río, leva dende principios dos 90 satisfacendo os padais con produtos que, como eles expresan, están “fabricados coa mellor materia prima e o bo facer da tradición“. O control e o coidado de todo o proceso fan que Cárnicos Río se convirta nunha peza importante do sector cárnico galego.

O seu produto estrela é o chourizo caseiro natural, elaborado de forma totalmente artesanal e coas carnes máis selectas do porco.

Cárnicos Río

A Veiga s/n – 27744, Riotorto (Lugo)

Tlf: 982 346 501

Fax: 982 346 457

www.omazo.es

Con chourizos realízase outro prato típico da zona: os callos, que son as paredes do bandullo do porco e que se comen guisados con garavanzos.