Riotorto conta con moitas festas durante de todo o ano aínda que a maioría delas se celebran na temporada estival.

A máis destacable é a Festa do San Cristovo, a comezos de xullo. Con longa tradición no concello, o atractivo principal desta festa é a bendición de coches e, nos últimos anos, a concentración de coches e vehículos antigos.

Ademais cada parroquia ten a súa propia festa ou patrón. Velaquí deixamos as datas dalgunhas destas festas máis sonadas do concello:

  • Festa do Antroido: Todos os luns de Antroido.
  • Festa de San Xosé en Vilaseca: O 19 de marzo, podendo variar a data aos días anteriores ou posteriores.
  • Festa do San Bernabé en Espasande de Arriba: 11 de xuño.
  • Festa do San Xoán en Santalla: 24 de xuño.
  • Festa do San Pedro en Aldurfe: 29 de xuño.
  • Festa de San Pedro e Santa Sabela: 29 e 30 de xuño.
  • Festa do San Cristovo: 6 de xullo, aínda que pode variar a días posteriores e sempre en fin de semana.
  • Festa do Santiago no Vilar de Santiago: 25 de xullo.
  • Foliada de Gaiteiros: Adoita ser o primeiro sábado de agosto.
  • Festa do San Bartolo en Espasande de Abaixo: 24 e 25 de agosto.
  • Festa e Feira da Augaxosa: O segundo sábado do mes de setembro.

En canto ás feiras, hoxe en día a máis importante do concello é a Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto. Xurdiu como unha iniciativa da Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto fai 8 anos, e cada ano aumenta o número de visitas. Centrada no traballo do ferreiro, tamén conta con outros postos de produtos diversos, actuacións musicais, pasacalles, polbo, etc. Unha cita para non a perder!

Aquí anotamos tamén as datas das principais feiras e mercados do concello:

  • Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto: A principios ou mediados de Abril. Sempre a domingo.
  • Mercados de Temporada: Xeralmente os segundos domingos de cada estación, en febreiro, maio, agosto e novembro.