En Riotorto, como moi ben relataba Xosé Vázquez Pintor no seu libro “A tribo sabe”, hai o son da ingre e do martelo. E é que dende Ferreiravella ata A Veiga, pasando por Soutelo, O Mazo, Espasande ou Carboeiro, aínda hoxe segue viva toda unha prole de ferreiros, que teñen na fabricación artesá de ferramentas de corte o seu principal motor económico.

A diferenza doutras zonas próximas como Taramundi, onde o produto principal e á navalla, en Riotorto os ferreiros destacaron e destacan principalmente pola elaboración manual de fouces, fouciños e coitelos, ferramentas que, en todo caso, se caracterizan por unha maior calidade fronte ao produto de fábrica.

Cada un dos ferreiros que seguen en activo na zona conta con forxa propia. Nas forxas é onde se atopan os mazos, imprescindibles no proceso de ferrería. Trátase dun martelo xigante que facilita moito o labor. Antigamente denominábanse mazos de auga, e movíanse pola forza da auga; hoxe en día todos son mazos eléctricos. Con estes e co martelo na ingre (neste caso manualmente), os ferreiros van dando forma ó aceiro, que previamente poñen no lume a altas temperaturas. O acabado final dáselle xeralmente tamén co martelo.

En Riotorto contamos con moitas forxas en activo e tamén con restos doutras antigas. Se cadra a máis salientable é a restaurada no Mazo de Ferreiravella, chamada comunmente O Mazo da Fraga, hoxe convertida nunha área recreativa de interese turístico.

Ademais das forxas os ferreiros tamén contan coas moas, onde afían os coitelos e as outras ferramentas de corte. No concello, amais das que aínda seguen en pé, contamos con restos de antigas moas de afiar, testemuña clara dunha tradición secular na zona.

Finalmente, o propio ferreiro tamén se encarga manualmente e a través dun torno, de realizar os mangos de cada ferramenta. Estes adoitan ser de madeiras distintas como o chopo, a cerdeira, o buxo, etc. e que poden ir ou non vernizadas, dependendo do deseño que cada un inspire á peza.

Actualmente houbo algunha nova incorporación de artesáns ao oficio que investigan tamén nunha liña máis próxima á forxa artística.

Directorio de ferreiros de Riotorto

maf

MAF Coitelería e Forxa Artesanal
Hermida, 17, 27744 – Riotorto (Lugo)
Tlf: 982 346 219
mailmafartesania@gmail.com
webwww.mafartesania.com

artesans

AV Artesáns do Ferro
Óscar Villada Blanco
Carboeiro, 2, 27744 – Riotorto (Lugo)
Tlf: 606 784 892
mail: oscarvillada@gmail.com
webhttp://oscarvillada.jimdo.com/

jomaca

JOMACA Forxa Artesanal
José Mario Cabo Jardón
Hermida, 27744 Riotorto (Lugo)
Tlf: 982 346 144 / 696 812 704

forxa-faustino-agustin

Forxa artesanal: Faustino e Agustín Iglesias
O Mazo de Ferreiravella – 27744 – Riotorto (Lugo)
Tlf: 982 34 64 02

neiro

Obradoiro de fouciños: Neiro de Soutelo
Soutelo, Ferreiravella, 27744 – Riotorto (Lugo)
Tlf: 982 34 64 87

barral

Forxa artesanal
Gabriel Díaz (Barral)
Ferreiravella, 27744 Riotorto (Lugo)
Tlf: 982 34 62 07