Se de produtos naturais do campo falamos, hai que citar os Labregos de Lugo. Labregos de Lugo é unha sociedade agraria con sede en Riotorto, caracterizada por comercializar só verduras e hortalizas en fresco. Cada un dos agricultores que forman parte dela cumpre cunha serie de requisitos que garanten unha produción de calidade, na que os procesos de cultivo e recolección dos seus produtos se fai de modo tradicional, achegando ás verduras un sabor característico.

Entre os seus produtos atopamos leitugas, patacas, coliflores e outras verduras. O mellor da terra dende Riotorto á túa mesa.

http://www.labregosdelugo.es/