Chulos

chulos

Tres ovos. Sal. Dúas cuncas de leite. Fariña de trigo (a que admita). Lévedo.

Mesturar os ingredientes ata que quede unha masa solta e deixar repousar unha media hora. Cunha culler coller doses e ir fritíndoas en abundante aceite. Servir quentes e acompañados (opcionalmente) de azucre ou mel.

Faragullos

faragullos

Tres ovos. Sal. Dúas cuncas de leite. Un chorro de auga. Fariña de trigo (a que admita).

Bater o ovo, engadirlle o sal, o chorro de auga e o leite. Ir engadindo fariña ata que quede unha masa homoxénea, con algo de corpo. Deixar repousar. Nunha tixola quentar un pouco de aceite e engadir unha cullerada grande de masa. Cando empece a callar dar a volta e esmiuzar a masa cunha culler de madeira, como se se tratase dun revolto.

Desta receita hai outras variantes e poden servirse con azucre ou con mel, facelas con torresmos pequenos, ou ben servirse para comer con leite.

Filloas

filloas

Tres ovos. Sal. Dúas cuncas de leite. Un chorro de auga. Fariña de trigo (a que admita).

Bater os ingredientes ata obter unha masa lixeira e deixala repousar. Nunha tixola ou nunha prancha ir engadindo un chorro de masa, estirándoa para que queden ben finas as filloas. Cando estean douradas por un lado, dar a volta, dourar e ir colocándoas nunha fonte para servir.

Orellas de Carnaval

orellas-de-carnaval

Dous ovos. Dúas cuncas pequenas de auga morna. Reladura de limón. Sal. Aceite ou manteiga. Lévedo. Un chorro de anís.

Bater ben os ovos e engadir a auga morna, á que previamente se lle engadiu o anís, o sal e a reladura de limón. Ir engadindo fariña, a que admita, ata que quede unha masa compacta, que teremos que traballar cun rolo.

Tapar a masa cun pano e deixar repousar dúas horas. Posteriormente ir collendo porcións pequenas e ir estirando co rolo, o máis fina posible, sobre unha base untada anteriormente con aceite ou manteiga.

Nunha tixola quentar aceite abundante e ir fritindo as orellas ben estiradas, procurando no momento de botalas facerlle a forma de orella cun garfo. Retirar e servir nunha fonte esparexéndolles azucre glas.