A antiga igrexa de San Pedro de Riotorto data dos séculos XVII e XVIII, e foi refeita a principios do século XX en estilo neogótico. Desa construción inicial destacan os retablos de influencia colonial mexicana e barroca. Salienta neste edificio a torre do campanario, do ano 1762, hoxe separada do corpo central da edificación.

Información recavada do libro Riotorto, Guía do concello, de Carlos Xesús Varela Aenlle